http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/galicia-atiende-3-000-victimas-explotacion-sexual/idEdicion-2015-02-03/idNoticia-914042/
Galicia gástase ao día 3 millóns de euros en prostitución, segundo datos dun relatorio do Congreso de Deputados presentada xa en 2010. E gran parte dese desembolso serve para potenciar a explotación sexual ou as redes de trata de branca. As asociacións galegas que loitan contra esta vulneración dos dereitos humanos atenden cada ano a unhas 3.000 vítimas de explotación sexual. En total, hai once entidades que contan coa colaboración da Xunta de Galicia para erradicar esta secuela. Segundo indica a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, "a Xunta achega cada ano 300.000 euros a programas de axuda a estas vítimas, un total de 2 millóns de euros dende 2010". O 95% son mulleres, pero tamén son atendidos os seus propios fillos como vítimas indirectas ou persoas transgénero dedicadas á prostitución.
No hay comentarios:
Publicar un comentario