Fartas da inxustiza


O asasinato de Laura é un para moitos un número máis, unha cifra para unha estatística máis. Non é unha novidade, acontecen demasiado a cotío.

Seguimos un día máis denunciando as mesmas inxustizas que seguen a pasar todos os días do ano, sen que ninguén faga nada. Seguimos repetindo que os dereitos das mulleres non se respectan. Seguimos denunciando a pasividade ante os asasinatos machistas.

As preguntas que volvemos a facernos son ¿Ata cando? ¿Chegará un día que xa nos teñamos que falar disto? ¿Para cando unha xustiza xusta? ¿cando asumirán as responsabilidades?


O que si sabemos é que dende a Rede  de Mulleres seguiremos dia tras día denunciando a violencia machista dende todos os eidos da sociedade ata alcanzar a xustiza real e efectiva para as mulleres.





Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra sobre o caso da Manada

O pasado 5 de decembro o Tribunal Superior de Xustiza de Navarra dictaba a súa sentenza confirmando a condena da Audiencia Provincial aos cinco membros da "Manada"de 9 anos de prisión por un delito continuado de abusos sexuais. Diferénciase da sentenza anterior en que considera que non houbo consentimiento por parte da vítima pero non existe agresión sexual por non existir, según o parecer maioritario da sala, nin violencia nin intimidación, requisitos legais para a existencia dun delito de agresión sexual.
Proclama esta sentenza que hai unha liña moi fina entre o que se consiera prevalimiento ou situación de superioridade, e a intimidación. Considerar a existencia dun ou doutra, supón calificar os feitos como abuso ou agresión. Neste caso, os membros do tribunal, ao igual que os anteriores xuíces, entenden que a actuación programada de cinco homes de arriconar á vítima nun portal coa intención de viola-la non implica a suficiente gravidade para que esta muller se sentira intimidada nin cun gran temor pola súa vida.
Considerar a existencia ou non de intimidación depende de elementos subxectivos que non poden ser tasados pola lei, senón que ven sendo necesaria a intervención das persoas encargadas de impartir xustiza, dependendo esa valoración das súas perspectivas e empatía en moitos casos. Por ese motivo, dende a Rede de Mulleres seguimos reivindicando a indispensable necesidade de formación e concienciación en perspectiva de xénero de tódolos integrantes da sociedade, xulgando con perspectiva de xénero non se dubidaría ca vítima deste caso sufriu violación por parte de cinco homes, que ademáis de soportar vexacións inimaxinables o gravaron e lle roubaron o móbil para que non puidese pedir axuda.
A pesar do voto particular de dous maxistrados, que sí entenden que se cometou unha violación, atopámonos ante unha mostra máis do noso sistema de "in-xustiza", anclado nunha visión patriarcal que pouco axuda ás vítimas de violencias machistas e que supón para elas sofrir novas violencias e presións. Séguese, por tanto,  facendo depender a existencia ou non destes delitos á reacción das súas vítimas e non dos actos cometidos polos seus culpables, que consideran ás mulleres un obxecto co que satisfacer seus implusos.
O Ministerio Fiscal vai recurrir dita sentenza ante o  tribunal Supremo ao considerar a existencia de agresión sexual e pide o reingreso en prisión dos condeados ante o risco de fuga, deberemos agardar que este tribunal recoñeza a existencia de intimidación e valore o caso dende unha ollada baseada na igualdade, por que se non hai consentimento hai violación.


https://www.eldiario.es/norte/navarra/Fiscalia-Navarra-solicita-recurrira-Supremo_html

Artigo de Opinión Día Internacional Contra a Violencia de Xénero




25 DE NOVEMBRO – DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
ARTIGO DE OPINIÓN

Dende a Rede de Mulleres queremos facer unha reflexión ao redor deste 25 de novembro.

         O día internacional contra a violencia de xénero, non pode empregarse para mercantilizar máis ás mulleres, co fin de aparentar unirse á loita pola igualdade.

Neste 25 de novembro, non hai nada que celebrar xa que…
-       
                   Sufren violencia  institucional (Vitimización secundaria):
A atención ás mulleres en procesos de violencia depende da empatía e da profesionalidade máis que da calidade do servizo.

    As prestacións económicas son contías miserables insuficientes para poder empezar unha vida independente.

     As crianzas non son escoitadas, non hai suficientes servizos especializados para elas, as pensión de alimentos son insuficientes…son as grandes esquecidas e maltratadas polas institucións cando se lle adxudica o dereito a visitas ós agresores.

      O dereito á unha vivenda digna non existe, e as dificultades sociais para acceder a ela increméntanse nos procesos de violencia. A solución das institucións son casas de acollida, pero son moitas as mulleres que non queren ou non poden  ingresar nelas (mulleres en situación de drogodependencias, mulleres con fillos homes maiores de 18 anos, mulleres que conviven con animais...)

Por todos estos motivos, e os todos aqueles que non nomeamos, non temos nada que celebrar.

Reivindicamos o 25 de novembro como día internacional contra a violencia de xénero. Un día de loita, de visibilización das eivas, das dificultades coas que as mulleres nos atopamos no día a día, un día para coñecer a realidade que impide que moitas mulleres todavía non sexan capaces de romper cunha relación violenta.

Porque non só hai que elexir entre denunciar ou non denunciar…

Por todos estos motivos a Rede sigue loitando por un acompañamento ás mulleres con profesionalidade, pero tamén con perspectiva de xénero, horizontal, con empatía, un acompañamento cercano que realmente empodera ás mulleres na súa toma de decisións. Somos conscientes de que os dereitos sociais e económicos son a base material para poder comezar a recuperación psicosocial, pero a axuda mutua entre mulleres tamén é esencial para poder comezar o camiño.

Defendemos o dereito a vivir en paz.

COMUNICADO DA REDE DE MULLERES SOBRE A INTRODUCCIÓN NOS XULGADOS DE VIGO DO "COACHING PARA PAIS"

Tralo anuncio por parte do xuíz decano de Vigo, D. Germán Serrano, da proposición de introducir nos Xulgados da nosa cidade a figura do coordinador/a de parentalidade ou “coaching para pais” https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2018/11/03/decano-reclama-psicologos-actuen-coaching/1991371.html 
A Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo quere manifestar o seu interese nesta iniciativa.

A coordinación da parentalidade articúlase como un recurso de auxilio xudicial nos casos de alta conflitividade entre os proxenitores separados, axudando a que se poñan de acordo no exercicio da patria potestade e demais cuestións derivadas da crianza conxunta dos seus fillos e fillas. A coordinación de parentalidade ten moitas semellanzas coa mediación familiar, servizo xa instaurado no xulgado de Vigo, coa diferenza de que esta figura de nova creación poderá ser imposta pola xuíza ou xuíz e deberá informarlle dos resultados da súa intervención, chegando a exercer certo poder disuasorio nos proxenitores e tomar decisións en caso de que persista o desacordo.

A figura do coordinador/a de parentalidade viuse introducindo recentemente nos xulgados españois a través de proxectos pilotos en Cataluña e Valencia, manifestando melloras na resolución deste tipo de conflitos e unha diminución da litixiosidade. Porén, debido ao carácter experimental desta implantación aínda non podemos coñecer en termos absolutos a súa efectividade.

 Dende a Rede de Mulleres, despois de analizar os proxectos pilotos noutros xulgados do Estado, a proposta presentado polo xuíz decano ante o Tribunal Superior de Xustiza e as iniciativas das últimas xornadas de xuíces e xuízas decanas, observamos certas cuestións que deberían concretarse antes de proceder á implantación deste novo servizo.

- Formación da persoa coordinadora de parentalidade: terá que ser unha profesional da saúde mental ou do eido xurídico, como psicólogos, avogadas ou mediadores expertos en familia, todos eles con formación en comunicación e xestión de conflitos. Consideramos que é un punto crucial que se estableza como requisito a formación en igualdade e en violencia, así como garantir a formación continua deste persoal. Sen unha formación continua e axeitada, non só para estes coordinadores/as senón para todo o persoal de Xustiza, non se pode asegurar a detección primaria de casos de violencia de xénero ou doméstica nin a procura da corresponsabilidade na crianza.
O xuíz decano propuxo empregar para este servizo aos psicólogos/as da Xunta asignados aos xulgados ou ao persoal do gabinete psicosocial. Consideramos que esta non é a forma máis axeitada para cubrir o posto, no primeiro caso non habería persoal suficiente para atender este novo servizo; tampouco sería idóneo empregar o persoal do Imelga  xa que se romperían os principios de neutralidade e confidencialidade: as mesmas persoas que fan un informe pericial vinculante nos procesos de custodia non poderían ao mesmo tempo darlle pautas de convivencia e estruturas que faciliten a paz familiar, estaríase a romper a independencia necesaria entre os peritos e os xuíces. Outra das razóns para o rexeitamento desta proposta derivase de varias queixas recibidas polo trato inadecuado a vítimas de violencia de xénero e as súas crianzas por parte do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

- Determinar os casos nos que sería aplicable a COPAR e as súas funcións: fálase de que esta nova figura de auxilio xudicial sería adoptada nos casos de “grave conflitividade”. Compre establecer con maior claridade os casos nos que debe impoñerse senón aceptan usalo os proxenitores de mutuo acordo.
A función principal do coordinador de parentalidade deberá ser velar polo ben superior das crianzas e seu dereito a formar parte da toma decisións que lles atinxen, por iso mesmo deberán ser escoitados garantindo que se faga da forma máis axeitada para a súa idade e madurez, sen que supoña  unha experiencia traumática para eles.

- Inaplicable ante existencia de indicios de violencia no eido familiar: establecer a súa total incompatibilidade nos casos que haxa evidencia de violencia de xénero ou doméstica sen que sexa obrigatoria a existencia de denuncia ou condena previa. Se iniciada a intervención da persoa coordinadora, esta detecta a posible existencia de maltrato deberá comunicarllo inmediatamente ao xuíz ou xuíza para así derivalo ao tribunal competente. É importante salientar neste punto que en gran cantidade de casos as vítimas non son conscientes do maltrato que están a sufrir ou non sen sentiron capaces de denuncialo. Ademais disto, compre ter en conta os numerosos casos de violencia vicaria que se producen despois dunha separación, é dicir, a violencia dirixida ás mulleres empregando ás súas crianzas.

-Idoneidade da figura do COPAR: esta figura só poderá ser viable cando a crianza dos fillos e fillas sexa exercida por ámbolos dous proxenitores. O poder xudicial non poderá establecer nunca un mecanismo que obrigue a un proxenitor/a a que participe activamente en dita crianza sen que os nenos e nenas sufran. Sen unha crianza responsable non se reducirá a saturación dos xulgados por moitas figuras novas que sexan implantadas. Ademais, hai cuestións sobre a crianza que non podemos dirimir  empregando o ordenamento xurídico, senón que deben ser froito dunha educación na corresponsabilidade e na igualdade.

En conclusión, a figura da persoa coordinadora de parentalidade podería ser un bo mecanismo de resolución de conflitos interfamiliares xa que lle dá máis información ao xuíz ou xuíza para a toma de decisións, velando polos intereses das crianzas. Sen embargo, esta figura non poderá ser xamais empregada cando non exista unha crianza conxunta dos menores e en ningún caso ante a existencia de violencia no eido familiar. A crianza responsable e conxunta por parte dos dous proxenitores a partes iguais non nace da decisión dos tribunais senón dun cambio da sociedade a través da educación na igualdade, no respecto e na interese superior dos menores.


DECRETO 131/2018, do 10 de outubro, polo que se crea e se regula o Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181022/AnuncioG0244-161018-0003_gl.html

Axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía persoal

Requisitos das persoas beneficiarias
  1. Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. Considéranse tamén así os pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez, e os pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (artigo 4.2 do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social).
  2. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Ter unha renda per cápita da unidade familiar de convivencia, calculada nos termos previstos no artigo 9, que non supere o 300 % do IPREM establecido para o ano 2018.
  4. Cumprir os requisitos establecidos con carácter xeral para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Bono social térmico

Normativa
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2017-11532
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2018-13593

Obxecto
Créase o programa de concesión directa de axudas destinadas a paliar a pobreza enerxética en consumidores vulnerables, no que respecta a enerxía destinada a calefacción, auga quente sanitaria ou cociña, denominado Bono Social Térmico.
A axuda para conceder ten como finalidade compensar gastos necesarios para garantir a subministración de enerxía para usos térmicos ou o apoio a actuacións de aforro ou melloras da eficiencia enerxética aos consumidores vulnerables.

Compatibilidade con outras modalidades de axuda
Esta axuda é compatible coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera Administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, das que puidesen beneficiarse os destinatarios da axuda. Así mesmo, será compatible coa percepción do Bono Social de Electricidade.

Beneficiarios
En cada exercicio serán beneficiarios do Bono Social Térmico aqueles consumidores que sexan beneficiarios do bono social de electricidade previsto no artigo 45 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do Sector Eléctrico, ao 31 de decembro do ano anterior.
Financiamento e criterios de distribución da axuda do Bono Social Térmico entre os beneficiarios
O outorgamento de axudas en concepto de Bono Social Térmico estará condicionado á existencia de dispoñibilidade orzamentaria e, en todo caso, suxeita ao límite fixado en cada ano na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para este concepto.
A cantidade consignada na partida orzamentaria con cargo á que se financie o Bono Social Térmico en cada exercicio orzamentario distribuirase, entre todos os beneficiarios do bono social de electricidade mediante a concesión dun pago único anual.
A contía para percibir por cada beneficiario determinarase atendendo ao seu grao de vulnerabilidade segundo se defina na normativa reguladora do bono social eléctrico, así como á zona climática na que se localice a vivenda na que se atope empadroado, todo iso en aplicación da metodoloxía contemplada no anexo I do presente real decreto-lei.
A xestión e o pagamento das axudas corresponderá ás Comunidades Autónomas, que o efectuarán durante o primeiro trimestre do ano, garantindo en todo caso a posibilidade de renuncia á axuda por parte dos beneficiarios que así o soliciten.



Dende a Rede de Mulleres denunciamos calquera tipo de violencia contra as mulleres. O patriarcado e a violencia están en todos os estamentos e clases sociais, incluída a clase política. Ante os comentarios misóxinos do Alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, queremos apoiar a concentración que terá lugar este mércores 10 de outubro ás 20h. Agardámosvos!

CONCENTRACIÓN DIANTE DO MARCO



Sen tempo apenas para recuperarnos do horror polos asasinatos de dúas mulleres e dúas crianzas en apenas nove horas o pasado martes, hoxe, a violencia machista acabou coa vida doutra muller en Málaga.

É o tráxico balance dunha semana negra que deixa un cómputo xeral de 78 vítimas mortais, 68 mulleres e 10 menores no que levamos de ano, máis de mil asasinatos desde que en 2003 se empezaron a contabilizar as vítimas da violencia de xénero, aínda que sabemos que estes datos non representan a totalidade de mulleres e crianzas que viron truncadas as súas vidas por culpa destes energúmenos.

Estamos fartas! Cansas de repetir ata a saciedade que un maltratador non é un bo pai: 10 menores mortos este ano a mans dos seus pais co único obxectivo de danar á nai...
Ata cando se vai permitir que continúen estas atrocidades sen que ninguén se faga responsable? Canto máis temos que esperar ata que se fagan efectivas as medidas acordadas no Pacto de Estado? Non hai escusa posible que xustifique a pasividade que as institucións políticas e gobernamentais están demostrando ante esta barbarie.

Xornadas "A autoorganización como resposta á violencia de xénero"



















INFORMACIÓN DOS COLECTIVOS PARTICIPANTES

- ASOCIACIÓN ARELAS: Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia.
Asociación formada por familias de menores e adolescentes transexuais. Entenden que as crianzas xa dende ben pequenas observan, que por encima de todo, as equivocadas son elas e que polo tanto deben axustarse ao que a sociedade entende por “normal”. Dende a asociación de familias de menores trans*, traballan e promoven a defensa dos seus dereitos en todos os ámbitos da vida: educativo, sanitario, xudicial, cultural, deportivo e social.


- COLECTIVO ESCULCA: Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades.  
EsCULcA é un Observatorio de ámbito galego que traballa na defensa dos dereitos e liberdades públicas garantidos na Constitución e nos Tratados Internacionais. Consideran que unha das tarefas urxentes que debe abordar a sociedade civil é a restauración inmediata das garantías eliminadas nos últimos anos e a adopción de cantas medidas foran precisas para garantir o exercicio de dereitos básicos como os de expresión, reunión e manifestación, o dereito a non ser obxecto de tortura, o dereito a asilo, o dereito á saúde ou o dereito a un tratamento adecuado das persoas menores de idade con responsabilidades penais.
  
- ASOCIACIÓN FARAXA.
FARAXA é unha organización non gobernamental sen ánimo de lucro, de acción social e independente (sen adscrición a ningunha formación política, relixiosa, grupo financeiro ou mediático, etc.). Está especializada no traballo con persoas en prostitución e vítimas de trata sexual.
  


-  CURUXA FEMINISTA. 
Colectivo feminista non mixto de estudantes galegas.

Nace ante a necesidade de combater o sistema patriarcal dende a organización autónoma das mulleres, dende a cal enfrontarse colectivamente ás problemáticas derivadas deste. Queren socializar o feminismo nos centros de ensino tanto a nivel teórico como práctico, espallando a sororidade e o apoio mutuo entre compañeiras.


XORNALISTAS GALEGAS.
Rede creada para aplicar a perspectiva de xénero ao xornalismo. Este movemento está formado por unhas duascentas profesionais de diferentes medios e distintas profesións que se uniron a raíz do 8M no grupo As Xornalistas Paramos.


- AFROGALEGAS.

O colectivo Afrogalegas foi impulsado por un grupo de mulleres galegas afrodescendentes, cansas de soportar os microracismos cotiás. Entenden a afrodescendencia coma un termo que engloba diferentes enfoques ou identidades que teñen a súa orixe común na tradición africana e nas herdanzas ou ascendencia que cada unha recibimos das nosas antepasadas.


OBRADOIROS

1.- “DESCUBRINDO O PODER DA RISA”. BAIA FERNÁNDEZ DE LA TORRE. 

Nos tempos que vivimos cada vez son máis as persoas que padecen enfermidades relacionadas co estrés, por iso considérase moi importante coñecer ferramentas que nos axuden a contrarrestar os seus efectos ou incluso os fagan desaparecer. Recuperar a alegría de vivir e beneficiarnos do impacto que isto ten sobre a nosa saúde e calidade de vida.



2.—“MULLERES NAS FRONTEIRAS”. “RAIAS TRAVESEIRAS”. EVA GIL E MARI FIDALGO.

As fronteiras son na actualidade un espazo máis de violencia contra as mulleres e outras identidades nas marxes, alén dun negocio suculento para grandes empresas.

Reflexionaremos sobre o que sucede nos espazos fronteirizos, tanto exteriores e interiores, e reflexionar sobre as relacións entre feminismos e migracións. O noso obxectivo é contribuir a fortalecer os nosos discursos e prácticas para derrubar todo tipo de fronteiras e dar pasos para a construción de alianzas sólidas. Porque os feminismos teñen que ser transfronteirizos e anti-racistas ou non serán!

Impartido por Raias Traveseiras, espazo aberto, flexible e horizontal de denuncia das políticas capitalistas, migratorias e patriarcais e de construción colectiva de discursos e prácticas para acadar vidas que merezan a alegría vivir. Actúan en base a tres vectores: sensibilización e denuncia, formación e xeración de pensamento crítico, e impulso de iniciativas de transformación social. Na actualidade está integrado por Mari Fidalgo, Eva Gil e Leticia Castro.



3.- “AUTORAS DAS NOSAS IMAXES”. NATALIA GONZÁLEZ DEVESA.

Traballaremos en como construír a nosa identidade desde nós mesmas como mulleres na sociedade, combatendo as desigualdades de xénero desde a fotografía.


Coñeceremos:

• o traballo de mulleres fotógrafas ao longo da historia e na actualidade.

• analizarase a publicidade sexista de diferentes medios tanto locais como mundiais.

• traballarase sobre os estereotipos masculinos e femininos.

• uso do photoshop para perpetuar as desigualdades de xénero.



Curso de intelixencia emocional


OBXECTIVOS

- Favorecer o intercambio de experiencias entre as persoas participantes
creando espazos de encontro.
- Aprender a importancia das emocións positivas e da xestión das emocións.
- Fomentar unha actitude positiva ante a vida e potenciar a autoestima.
- Mellorar as relacións coas demais persoas e aprender a valorarse máis.
- Sensibilizar acerca da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.


Encontro Nacional de Mulleres


A Asociación Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo , estamos organizando unha xornada que se celebrará na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán) durante os días 14, 15 e 16 de setembro de 2018.
Dende hai anos vimos realizando xornadas que nos dan a posibilidade de manternos en contacto co resto de organizacións de mulleres de toda Galicia, fortalecernos e abrir novos camiños de colaboración, tan necesarios neste momento.

Programa VIII Encontro Nacional de Mulleres

Panxón 14/15/16 de setembro 2018
Venres 14 de setembro:
o   Chegada a Residencia de Panxón ás 16h.
o   17.30h. Presentación das actividades e inauguración a cargo de Dona Susana López Abella, Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, acompañada de Dona Marta Iglesias Pombo, Xefa Territorial de Política Social da Xunta de Galicia, en Vigo.
o   Actividades lúdicas relacionadas coas xornadas, coa finalidade de crear un clima de coñecemento e confianza entre as persoas asistentes.

Sábado 15 de setembro:
10:00-10:15: Presentación das xornadas:
10:15-11:15: Lola Ferreiro Díaz
(Médica feminista galega)
 “Cómo se exerce a violencia na actualidade? Unha análise da situación real”.
11:15-11:45: Debate

11:45-12:00: Descanso/Café

12.00-13:00: Rosa Arcos Caamaño
(Presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais - Fademur Galicia)
 “A violencia invisibilizada no rural”.
13.00-13.30 – Debate.

16:15 – Distribución dos obradoiros.

16.30 – 19.30 - Obradoiros:

1. Arogalegas: “Discriminación por raza no movemento feminista”

Aínda que é certo que o feminismo xurdiu como un movemento común de loita pola liberación das mulleres e tamén das persoas negras, este seguiu posteriormente un desenvolvemento que tivo como protagonistas ás mulleres brancas, máis especificamente, ás mulleres brancas de clase media. O abolicionismo e o sufraxismo son, desde moi pronto, movementos que tenden frecuentemente ao desencontro, pois as mulleres negras senten como a palabra “xénero” se observa desde unha perspectiva excluínte desde o feminismo, obviando as diferenzas entre as propias mulleres, sentíndose excluídas e marxinadas. Ten como obxectivo analizar e discutir coas participantes temas de raza, xénero, diversidade, e interculturalidade dentro do movemento feminista branco. O obradoiro realizará unha pequena introdución ao feminismo negro e traballará sobre a posibilidade de construír alianzas non excluíntes dentro dos feminismos.

2. Tareixa Ledo Regal: “Como negociar na parella…e no resto das relacións...”
Cando sinto que se meten no meu espazo, cando me sinto invadida, cando algo me fai sentir mal é que eu non o negociei. Axuda falar claro sobre que quero eu e que queres ti… porque se non acordamos, “contratamos” cousas diferentes ou negociamos en falso para que non haxa conflito…Que é o que queremos compartir? Que é o que non queremos compartir? Se isto está claro, non hai conflito. Imos ver ferramentas para aprender a negociar e contratar con claridade coa parella ou con calquera outra persoa da nosa vida (nai/pai, filla/o, amigas/os...).

3. Iria Cacheiro Paradelo: “Danza libre e conciencia corporal”
Coa danza libre buscamos a conexión co noso propio corpo e as nosas emocións a través do movemento. O traballo vaise guiando con pautas de improvisación, para ir entrando en contacto co noso universo emocional dándolle unha saída expresiva.
Danzamos dende un total respeto ó noso corpo, buscando conectar coas súas necesidades. Partimos do movemento orgánico e natural, pasando por soltar o corpo  nunha danza de liberación e chegamos ó noso propio movemento conectadas con nos mesmas, nun proceso creativo no que cada unha crea a su propia danza, a que necesita nese momento.
20.30– Peche das xornadas.

Domingo 16 de setembro:
Visita guiada para coñecer o castro de Santa Tegra e o seu entorno (Museo arqueolóxico, etc.) no Concello de A Guarda. Xantaremos de novo na Residencia de Tempo Libre de Panxón e daremos por rematado o encontro.


Agardamos contar con todas vós, xa que crear lazos de sororidade é fundamental neste momento no que os dereitos fundamentais, conseguidos ata o de agora, penden dun fío ante as medidas sociais que se están a levar a cabo. Debemos seguir o camiño cara unha sociedade en igualdade, poñendo en valor todo o esforzo e o traballo feito polos movementos sociais ata o de agora e participando en espazos coma este encontro, no que poderemos crear novas formas de participación entre todas e novas estratexias contra a violencia de xénero.

O custo da inscrición é de 10 euros a abonar no momento de anotarse.

As mulleres ou organizacións que participen de Vigo e a súa contorna, deben inscribirse nas oficinas da Rede, salvo xustificación de non poderen acudir.
As mulleres ou organizacións de fóra poden solicitar á Rede o número de conta da Asociación para facer o ingreso.
O horario de solicitudes é de 10h. a 13, 30h. e de 17, 30h. a 20,30h. de luns a venres (o venres só en horario de mañá).
Os teléfonos de contacto, para máis información,  986 222 328 / 670 45 34 31, no correo, redemediadorasvigo@hotmail.com ou consultando o blog rededemulleres.blogspot.com. As prazas son limitadas, recolleranse solicitudes ata completar aforo.

Novo Obradoiro de Autoestima

O vindeiro día 13 de agosto comezamos un novo obradoiro de autoestima con perspectiva de xénero na Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo. Será os luns e os mércores na Oficina Municipal de Distrito do Casco Vello.

Detido en Sevilla por encerrar baixo chave á súa nai e á súa irmá

https://www.farodevigo.es/sucesos/2018/06/29/detenido-sevilla-encerrar-llave-madre/1919718.html

Detido un monitor acusado de abusar de máis de dez nenos en Valladolid

https://www.farodevigo.es/sucesos/2018/06/28/detenido-monitor-acusado-abusar-diez/1919419.html

O asasinato dun home e unha nena de tres anos pon en alerta a un barrio acomodado de Cidade de México

https://elpais.com/internacional/2018/06/28/mexico/1530218509_714756.html

O xulgado arquiva, por segunda vez, a causa xudicial pola desaparición de Sonia Iglesias

https://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2018/06/29/juzgado-archiva-segunda-vez-causa/1919973.html

Detido un home de 19 anos por abusos sexuais a unha menor de 13 anos

https://www.farodevigo.es/sucesos/2018/06/29/desmantela-grupo-criminal-responsable-medio/1920091.html

Desaparecida unha peregrina austriaca nun tramo galego do Camiño de Santiago


https://www.farodevigo.es/sucesos/2018/06/29/desaparecida-peregrina-austriaca-tramo-gallego/1920040.html

Feminicido en O Porriño


Dende a Asociación Rede de Mulleres contra o malos tratos de Vigo, queremos denunciar unha vez maís o asasinato acontecido onte en O Porriño. A violencia machista non vai a parar ata que non se poñan en marcha as medidas efectivas oportunas para rematar con ela.

https://www.farodevigo.es/sucesos/2018/06/19/crimen-machista-porrino--asesino/1913864.html

ESGOTADAS AS PRAZAS!!!

As prazas para a visita guiada a Illa de San Simón do programa "En Ruta coa Depo" xa están todas esgotadas.