http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/09/28/pasa-pareja-dice-conductor-vigues-tiro-pelo-mujer/00031380390942952253830.htm
"Non pasa nada, é a miña parella", di un home tras tirarlle dos pelos a súa muller.
É a segunda nova nunha seman deste estilo. Os varóns xustifican a súa violencia falando de posesión. Queda moito por facer...
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/09/28/pasa-pareja-dice-conductor-vigues-tiro-pelo-mujer/00031380390942952253830.htm
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/09/28/pasa-pareja-dice-conductor-vigues-tiro-pelo-mujer/00031380390942952253830.htm
Grande actividade nos xulgados penais
As denuncias por violencia tanto de xénero como no ámbito familiar copan boa parte dos xuíos que celebran os tres penais en Vigo.
A principal petición das vítimas ou denunciantes é a orde de alonxamento para o presunto agresor durante o máximo tempo posible.
http://www.atlantico.net/noticia/255002/actividad/juzgados/penales/
Máis da metade das denuncias por violencia de xénero arquívanse
Nos seis primeiros meses do ano, un 53,5% de causas foron sobreseídas.
A violencia de xénero foi a causa de máis de tres denuncias ao día no partido xudicial de Vigo nos seis primeiros meses do ano,
http://www.atlantico.net/noticia/255000/mitad/denuncias/violencia/domestica/archivan/
Proxecto tempo!
Un proxecto exclusivo para 15 mulleres coidadoras de familiares doentes
Faremos encontros dous días á semana, luns e mércores, onde desenvolveremos entre as 16.00 e as 20.00 contidos ao respecto de:
- O coidado emocional da coidadora
- O coidado físico da coidadora
- Programando xuntas o noso tempo
Comezamos o luns 21 de outubro e reunirémonos ata o 22 de novembro
na sede de Radio ECCA en Velázquez Moreno 9-1º
previstas cinco saídas sorpresa os sábados de 10.00 a 12.00
NON DEIXES PASAR ESTA OPORTUNIDADE
Podes chamarnos ao 986 22 73 15
Feminismo en obras
05-10-2013
Centro de día “Manuela Pérez Sequeiros” NARON
O titulo destas xornadas feministas significa
localizar e derrubar o que xa non serve, deseñar e levantar novos espazos, en definitiva traballar para seguir
construíndo feminismo entre todas, abrir
un tempo de reflexión sobre o que leva percorrido o feminismo e atopar o novo
camiño.
En primeiro
lugar, recoñecer os perigos, ver os ataques continuos ós que está sometido o
feminismo, moito máis nestes momentos de retroceso ideolóxico.
En segundo
lugar comprender cal é situación real, social e económica das mulleres nos
diferentes ámbitos da vida. Por exemplo nos servizos, como nos afectan os
recortes amparados na crise, privatizacións e desmantelamento. Soberanía
alimentaria e consumo responsable. Nos espazos, planeamento–organización das
cidades dende unha perspectiva de xénero.
En terceiro
lugar faremos un repaso á nosa saúde e os nosos, ultimamente moi atacados,
dereitos reprodutivos
E por último,
mulleres a través das vivenzas nas institucións, partidos políticos, sindicatos
e movementos sociais expoñerannos as súas alianzas e alternativas para o futuro
do feminismo.
PROGRAMA
10,00h. Apertura e presentación das xornadas
10,30h.
Mesa “Ataques ao feminismo,
retroceso ideolóxico”
Relatoras : Belén Puñal e Teresa Moure
12,00h.
Descanso media hora
12,30h. Mesa “
Situación das mulleres nos servizos, nos espazos e no consumo”
Relatoras: Eva Solla , María Novas e Isabel Vilalba
14,30h. Xantar.
16,30h. Mesa
“Saúde e dereitos reprodutivos”
Relatoras: Lola Ferreiro, Natalia Domínguez Galán
18,00h.
Mesa “
Feminismo en obras: alterativas e alianzas”
Relatoras: Carme Adán, Lidia Senra, Chus Boo, Paloma Rodriguez
España suspende en educación sexual e saúde sexual reprodutiva
En moitos dos aspectos avaliados, España só queda por riba de países como Lituania ou Bulgaria
A píldora do día despois non está financiada en seis comunidades autónomas, e a saída de oito anticonceptivos do Sistema Nacional de Saúde afecta a un millón de mulleres
http://www.eldiario.es/sociedad/barometro-suspende-Espana-sexuales-reproductivos_0_179532886.html
Concentración da Rede contra a violencia de xénero
Grazas a tódalas persoas que participáchedes na Concentración de onte diante do Marco.
Unha vez máis, saímos á rúa para denunciar a violencia de xénero, psicolóxica, física, económica, que sofren día a día ás mulleres.
Este é o comunicado lido na Concentración:
Vigo, 26 de
setembro do ano 2013
COMUNICADO
Nos dous últimos meses a Rede non convocou a
concentración, pero lembramos que durante os meses de xullo e agosto seguiron
asasinando a mulleres, sendo xa 44 mulleres, nenos e nenas asesinadas no que
vai de ano 2013.
Loitamos a diario
polos nosos dereitos, polos dereitos das mulleres, porque son parte do soporte e
do fundamento da sociedade que queremos crear. Porque na actualidade seguen
existindo matrimonios forzosos, mutilación xenital, explotación, escravitude
sexual, ou violencias máis sutiles, como que 7 de cada 10 empregos públicos destruidos no ultimo
ano estaban ocupados por mulleres.
Ser muller nunca foi fácil. Nin sequera nos
países onde se logrou conquistar algúns dereitos e liberdades fundamentais que,
lembremos, están destruindo paulatinamente. Con todo, o camiño pola simple
supervivencia se nos presenta difícil, xa que no Estado español:
- Unha
de cada tres vítimas de violencia de xénero ten menos de 30 anos.
- O 65%
dos mozos de entre 14 e 16 anos presentan altas doses de sexismo.
- Máis de 30.000 mulleres sufriron violencia
de xénero durante o ano. Desta cifra 44 xa morreron a mans das súas parellas ou
ex parellas.
- Segundo o 5º informe
do observatorio estatal de violencia sobre as Mulleres, o 8,6% da poboación
española xustifica en certas circunstancias a violencia de xénero.
Ante esta situación a Fiscalía recoñece na súa
memoria anual que "as medidas cautelares constitúen un dos principais
instrumentos para atallar o fenómeno da violencia de xénero". Algúns
xuíces, cando hai lesións físicas, adoitan conceder medidas de protección, pero
cando se trata de casos como os danos psíquicos, non as outorgan, sendo rexeitadas
o 45% das peticións de ordes de afastamento das vítimas de violencia machista.
E nós, nos preguntamos, acaso unha muller que
está sufrindo violencia psicolóxica non precisa manter esa violencia afastada?
Acaso non son conscientes de que a violencia psicolóxica precede a violencia
física? A violencia psicolóxica é capaz de destruir ás mulleres, de facelas
desaparecer, de anulalas, de expulsalas da sociedade da que son parte, e a
xustiza e a fiscalía que non consideran esta situación, son cómplices de non
aportarlles algo de tranquilidade. Moitas mulleres a pesares de sufrir violencia
sicolóxica son capaces de comezar un proceso xudicial, expoñendo a súa vida
privada ante a xustiza, ante os servizos sociais, ante forenses…e un longo etc.
e, cómo lle explicas as mulleres que deciden dar un paso tan importante para a
sua recuperación, que os xuices non lle otorgan a orden de afastamento porque
non consideran a súa situación grave? Que pensades que se lles pasa pola cabeza
a estas mulleres? Se sentirán menos cribles? Menos apoiadas? Que esaxeraron e
non era tan grave a sua situación? Sabemos que as ordes de afastamento non son o
remedio pero o que sí sabemos é que axudan ás mulleres a ter mais seguridade, a
confiar en que haberá persoas ó seu lado…dalles un pouco máis de tranquilidade e
forza para facerlle frente e rachar coa violencia. Unha violencia que pasa
desapercibida para a xustiza, forenses,
servizos sociais…. porque o xuiz só ten que adxudicar unha orde de afastamento,
pero son as mulleres as que despois teñen que enfrontarse a esta situación dia
a dia.
Porque non somos
vítimas, somos mulleres que reclamamos os nosos dereitos. Non pedimos!
Exisimos! Esiximos que se cumplan e se melloren as leis, porque somos mulleres reclamando
o que é noso de pleno dereito, porque somos mulleres que non quedaremos de
brazos cruzados e que non permitiremos que fagan desaparecer o camiño cara a
unha igualdade que despois de tantos séculos nos costou tanto conseguir e que
hoxe queren facela desaparecer sen ningún tipo de obstáculo.
A Plataforma Galega polo Dereito ao
Aborto convoca unha manifestación o sábado 28 de setembro, Día de Acción Global
por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto, ás 17.30 en Compostela.
(QUEDAMOS ÁS 15:30 HRS. NA PRAZA
DOS CABALOS PARA COMPARTIR COCHES)
O feminismo á ofensiva. O feminismo é provida
O feminismo é provida porque a súa razón de ser é a construcción dunha
sociedade máis xusta e libre que poña o benestar e o ben común no
centro; unha sociedade que non condene as súas mulleres máis pobres, máis novas ou máis vulnerables a morrer desangradas cun aborto clandestino;
unha sociedade que non aspire a domesticar os corpos e as vidas das
persoas en compartimentos moralizantes; que eduque ás persoas novas nos principios do raciocinio, a responsabilidade e a verdade para que
as súas accións non teñan impactos negativos nelas ou en terceiras
persoas; que inclúa, coide e respete de modo xenuino a aquelas
persoas con diversidade funcional; que acepte a libertade de todos e
todas a decidir os seus sentires e os seus desexos;
http://www.publico.es/470829/el-feminismo-a-la-ofensiva-pentalogo-provida
http://www.publico.es/470829/el-feminismo-a-la-ofensiva-pentalogo-provida
A Fiscalía Xeral do Estado non quere prohibir por lei que os/as pais maltratadores non teñan relación cos seus fillos/as
A Fiscalía Xeral do Estado aprobou un informe sobre o
anteproxecto de "Lei de Corresponsabilidade Parental en caso de
Separación, Nulidade ou Divorcio" no que recomenda ao Ministerio de Xustiza que suprima o articulado que impide fixar réxime de estancia,
relación e comunicación cos fillos/as nos casos de sentenza firme
por malos tratos ou por violencia de xénero.
Estamos en contra desta idea da Fiscalía Xeral do Estado. É evidente e constatado por moitos informes que a violencia de xénero na parella ten consecuencias para os/as nenos/as que viven no mesmo fogar. A violencia no fogar é tamén violencia cara os/as nenos/as. Debería partirse sempre desta idea.
A Fiscalía quere facernos pensar que a violencia de xénero é só cousa da parella. Pero a nosa práctica dinnos que a violencia de xénero contamina o contexto no que se produce. Nos dereitos dos/as nenos/as deberían terse en conta que teñen dereito a vivir en paz, lonxe da violencia.
Detrás deste tipo de argumentacións da Fiscalía late a idea da bondade da familia nuclear, a pesar de que estea chea de malos tratos e violencia.
http://www.europapress.es/epsocial/noticia-fiscalia-no-partidaria-prohibir-ley-comunicacion-hijos-casos-violencia-genero-20130926183257.html

O fiscal pide cárcere para un pai vigués por non entregar a un dos seus fillos menores á nai
A muller ten a custodia dos 3 fillos en común, pero non ve a dos deles dende xaneiro de 2010.
http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/27/fiscal-pide-carcel-padre-vigues/885048.html
Dende o PP Balear ameázase con retirar a custodia dos/as seus/súas fillos/as aos pais que apoien a folga de docentes
Ana María Aguiló, do PP Balear ameaza aos pais que apoian a folga de docentes, dicindo que o tribunal de menores pode retirarlles a custodia.
Os/as docentes das Illes Balears iniciaron este curso counha folga indefinida. As reivindicacións, compartidas pola maioría dos pais e nais, se fundamentan en dous aspectos: recuperar os recursos que os recortes eliminaron e esixir que non se impoñan proxectos educativos politizados, sen o aval dos/as expertos nin o consenso da comunidad educativa.
http://www.primaveravalenciana.info/2013/09/25/pp-balear-amenaza-retirar-custodia-huelga/
A síndrome da noiva morta na moda
No último medio século, o mundo publicitario tamén ten 'glamourizado' imaxes de mulleres sumisas ou víctimas de violencia de xénero.
Pero hai máis exemplos, moitos máis. Unha abrumadora recopilación está dispoñible no proxecto Stop Female Death in Advertisiment. A iniciativa, que iniciou este
mesmo ano Lisa Hågeby, estudante do Beckmans College of Design de
Estocolmo, reúne en mosaico centos de imaxes no seu homepage para ratificar a súa teoría de que "estamos tan acostumados/as a ver este tipo de publicidade que apenas reaccionamos".
Este tipo de imaxes van construíndo o noso imaxinario sobre as relacións entre homes e mulleres; volvemos dicir ben alto: estas imaxes non nos representan!
A Garda Civil busca na Cañiza os restos dunha viguesa desaparecida fai cinco anos
O operativo rastrea o monte onde en xuño
apareceu un cráneo, que segundo as análise sería dunha muller - A Ana Mª
Fernández se lle perdeu a pista na A-52 tras discutir co seu esposo.
O 1 de abril de 2008 Ana María Fernández Barreiro desaparecía misteriosamente. De regreso en coche co seu marido e o seu fillo ao seu domicilio familiar de Barbate (Cádiz), a esta viguesa de 37 anos pareceu tragala a terra tras discutir coa súa parella e adentrarse con él nunha zona boscosa da A-52, de onde só regresou o home.
Os intensos rastreos iniciais pola autovía en busca da muller concluíron sen éxito e a causa xudicial que levou á detención e imputación do esposo se viu abocada ao arquivo provisional porque pese ás incongruencias do seu relato, non había evidencias sólidas contra él e, sobre todo, non aparecía o suposto cadáver.
Dende a Rede, queremos mostrar a nosa preocupación polo "arquivo" deste tipo de causas; e esperamos que todo se esclareza. A violencia de xénero non se pode silenciar máis.
http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/26/guardia-civil-busca-caniza-restos/884530.html
Cambiando de lugar: os estereotipos de xénero na publicidade
Estudantes canadenses producen un vídeo no cal invirten os “papeis” femininos e masculinos en anuncios para mostrar a perpetua representación de estereotipos sexistas
Cando acaban de presentarse os anuncios orixinais, o vídeo pergunta se o/a espectador/a sentiu o mesmo “ridículo”. O resultado é a sensación de que os estereotipos de xénero están de tal forma culturalmente enraizados que o ridículo de exploralos só se torna evidente coa inversión dos “papeis”.
A pesar do desagradable dos primeiros minutos, merece a pena velo ata o final.
http://revistaforum.com.br/blog/2013/07/trocando-de-lugar/
Manifestación o sábado 28 de setembro, Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convoca unha manifestación
o sábado 28 de setembro, Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto, ás
17.30 en Compostela.
A manifestación sairá da estación de tren de Compostela até chegar á Plaza Roxa onde terá lugar un acto representativo e simbólico contra o sistema do que estamos tan fartas, o que máis noxo nos dá, o sistema polo que estamos xuntas, en luita e dispostas a derriba-lo: o sistema patriarcal.
O patriarcado quere dominar o corpo das mulleres, negándonos a capacidade a decidir sobre o noso corpo e a nosa sexualidade, e ao mesmo tempo, controlar a nosa capacidade reprodutiva. A obriga da virxinidade así como a maternidade, foron unha constante ao longo de toda a historia.
A crise provocada polo sistema neoliberal é a escusa para atacar os dereitos das mulleres. Nunha situación de recortes de dereitos sociais e laborais, a dereita española pretende acabar coas conquistas feministas conseguidas ao longo dos últimos 70 anos. Mais cos berros de todas as persoas que nos sumaremos este 28 de setembro, imos deixar ben claro que NON LLO IMOS PERMITIR!
Trae túa prenda lilá para encher as rúas de feminismo, colle cazolas ou pandereitas para inundar de son rebelde a nosa marcha, e acode á manifestación nacional galega na defensa do aborto legal, seguro e gratuíto! Este 28 de setembro ás 17.30, desde a estación de tren de Compostela, o feminismo da Galiza volta saír para declarar a guerra, unha vez máis, ao patriarcado.
POLO DEREITO DAS MULLERES A DECIDIR SOBRE OS SEUS CORPOS!
A NÓS NON NOS TUTELA NINGUÉN!
O 28 de setembro continuamos xuntas na loita.

(QUEDAMOS ÁS 15:30 HRS. NA PRAZA DOS CABALOS PARA COMPARTIR COCHES)
“Cando nunha sociedade hai machismo, haino nos homes e nas mulleres”
Manuel Portas volve, na súa nova novela, contarnos a Historia desde abaixo, como fixera en Denso recendo a salgado e en Un dedo manchado de tinta.
Desde a pluralidade de experiencias da sociedade de cada época. Mais,
desta volta, hai claras protagonistas, e son mulleres. Marcadas por un
tipo de represión e de violencia da que non se fala moito cando se
lembra a ditadura: a sexual.
http://praza.com/cultura/5509/lcando-nunha-sociedade-hai-machismo-haino-nos-homes-e-nas-mulleresr/
http://praza.com/cultura/5509/lcando-nunha-sociedade-hai-machismo-haino-nos-homes-e-nas-mulleresr/
Mulleres coidadoras: entre a obriga e a satisfacción, por Marcela Lagarde
Coidar é no momento actual, o
verbo máis necesario fronte ao neoliberalismo patriarcal e á
globalización inequitativa. E, sen embargo, as sociedades actuais,
como moitas do pasado, fragmentan o coidado e o asignan como
condición natural a partir das organizacións sociais como a de xénero.
http://palabrademujer.wordpress.com/2013/09/22/mujeres-cuidadoras-entre-la-obligacion-y-la-satisfaccion/
http://palabrademujer.wordpress.com/2013/09/22/mujeres-cuidadoras-entre-la-obligacion-y-la-satisfaccion/
O 60% do estudantado madrileño ve na prostitución unha forma de liberdade sexual
Expertas en vítimas de trata e en educación sexual advirten que as novas xeracións conciben o pago por sexo como unha práctica
máis de consumo.
O 45,9% das persoas novas perciben a visibilidade da prostitución case como se fora "parte da paisaxe".
O 60,4 % das persoas novas madrileñas ve na prostitución unha forma de exercer a libertade sexual, fronte a un 39% que o considera algo "profundamente repulsivo".
Sería interesante coñecer que % de mulleres e varóns considera a prostitución como libertade sexual ou como un fenómeno repulsivo. Esta enquisa debería facernos reflexionar sobre a educación sexual dos varóns, e repensar como estes conciben o pracer sexual propio e alleo...
http://www.eldiario.es/sociedad/estudiantes-madrilenos-prostitucion-libertad-sexual_0_178482579.html
O 45,9% das persoas novas perciben a visibilidade da prostitución case como se fora "parte da paisaxe".
O 60,4 % das persoas novas madrileñas ve na prostitución unha forma de exercer a libertade sexual, fronte a un 39% que o considera algo "profundamente repulsivo".
Sería interesante coñecer que % de mulleres e varóns considera a prostitución como libertade sexual ou como un fenómeno repulsivo. Esta enquisa debería facernos reflexionar sobre a educación sexual dos varóns, e repensar como estes conciben o pracer sexual propio e alleo...
Expulsan do parlamento galego unha deputada que chamou "fascistas" os parlamentarios que a cualificaron como "fea" e "macarra"
A deputada de Alternativa Galega de Esquerdas, Chelo Martínez foi
expulsada do parlamento e se lle castiga coa prohibición de asistir á próxima sesión plenaria da cámara galega. A decisión, adoptada
pola presidenta do parlamento Pilar Rojo (PP) prodúcese despois de
que varios deputados do PP insultaran á parlamentaria con
calificativos como "fea" e "macarra". Ante eses insultos, a deputada de
AGE encarouse coa bancada do PP e chamou "fascistas" aos seus membros,
motivo polo cal foi castigada pola presidencia da cámara.
Resulta bastante patético que a estas alturas se use como insulto "fea". A imaxe das mulleres sempre se pon en cuestión, tentando minar a súa autoestima. Señores parlamentarios: as mulleres non somos obxectos sexuais, e non estamos dispoñibles para vostedes. E o máis gracioso de todo é que ela é a expulsada!
http://www.eldiario.es/politica/Expulsan-parlamento-fascistas-parlamentarios-calificaron_0_174632859.html

Unha nai denuncia o secuestro das fillas por parte da súa ex-parella
Mari Luz leva un mes sen saber nada das crianzas, de 7 e 14 anos, a quen o seu ex-compañeiro tería levado canda el para Londres. Denuncia máis unha forma de violencia machista
http://www.sermosgaliza.com/articulo/galiza/nai-denuncia-secuestro-das-fillas-parte-da-sua-ex-parella/20130916184646019168.html
«É a miña muller e fago o que quero», alega un detido por golpear a súa muller en Vigo
A policía local de Vigo detivo hoxe a un home de 35 anos tras
golpear a súa muller. O implicado foi localizado mentres daba patadas a
súa parella, que se atopaba no chan, e a súa explicación ante os
axentes foi: «é a miña muller e fago o que quero».
A posesión na parella é un indicador claro da violencia de xénero. Xestos, comentarios ofensivos e cotiás que tentan minar a autoestima das mulleres e confundilas, sentindo que non son nada sen a súa parella.
A frase: "É a miña muller e fago o que quero", volve mostrarnos todo o traballo que nos queda por facer para desmantelar o machismo que hai detrás de cada acto de violencia de xénero. Moitos varóns, o expliciten ou non, sinten que a súa parella (e todo o que di e fai) lles pertence... Isto é a punta do iceberg.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/09/18/mujer-hago-quiero-alega-detenido-golpear-mujer-vigo/00031379495407234765398.htm

Violar por aburrimento
A violencia que se exerce contra as mulleres no mundo ten dimensións de pandemia e seguramente constitúe unha das violacións sistemáticas máis importantes dos dereitos humanos.
Unha de cada tres mulleres no mundo tivo unha experiencia de agresión física, ou sexual ao longo da súa vida.
A ONU está a facer unha investigación sobre a violencia sexual en Asia. Algúns resultados son escalofriantes:
Case o 75 % dos homes que admitiu ter cometido agresións sexuais dixo que cría ter dereito a manter relacións sexuais coa muller independentemente do seu consentimento. A segunda razón máis frecuente foi estar aburrido, de tal forma que se entende a violación como unha forma de divertimento.
http://www.elmundo.es/blogs/elmundo/ellas/2013/09/19/violar-por-aburrimiento.html
V ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES, PANXÓN
Este ano contaremos
coas ponencias de Eva Bolaños Gallardo e Lola Ferreiro Díaz, e para a
dinamización dos obradoiros contaremos con Tareixa Ledo, Mar F. Cendón e María
Rosendo Priego.
Agardamos contar con todas vós, xa que crear lazos
de sororidade é fundamental neste momento. Debemos seguir o camiño cara unha
sociedade en igualdade, poñendo en valor todo o esforzo e o traballo feito
polos movementos feministas ata o de agora e participando en espazos coma este
encontro, no que poderemos crear novas formas de participación entre todas e
novas estratexias contra a violencia de xénero.
A inscrición é gratuita, a estancia e dietas 10 €, o encontro realizarase entre as 16:00 horas do
venres ata o sábado as 20:30h. As prazas son limitadas e se admitirán ás
participantes por orden de inscrición, e previo ingreso da cota en
Novagaliciabanco nº de conta: 2080 5000 683040281297. Podedes anotarvos no
local da Rede, en horario de 10:00-13:30 e 17:30 a 20:30, nos nosos teléfonos 986 22 23 28 / 670 45 34 31 ou no
correo, redemediadorasvigo@hotmail.com. A data límite para anotarse é o día 11 de
outubro.
Agardamos contar coa vosa presenza e participación!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)