A fiscala considera "represalia" que unha muller vítima de malos tratos solicite a suspensión do réxime de visitas ao pai. A falta de perspectiva de xénero nos operadores xurídicos incrementa a vitimización secundaria que sofren as vítimas de violencia machista.
http://www.eldiario.es/sociedad/violencia-machista-bastante-sentencia-quiere_0_720928695.html
Unha muller foi asasinada pola súa parella en Barcelona
En Barcelona, foi atopado o corpo dunha muller preto das vías do tren supostamente asasinado pola súa parella que xa foi detido. A vítima puxera dúas denuncias pero non tivo forzas para seguir co procedemento, ainda tendo coñecemento destos feitos nin xulgado nin fiscalía impuxeron ningunha medida. http://www.lavanguardia.com/vida/20171226/433893551887/la-victima-de-sant-adria-habia-presentado-dos-denuncias-contra-su-pareja.html
Unha muller é asasinada pola súa parella en Guadalaxara
Unha muller foi asasinada este xoves pola súa parella dos seus fillos menores. http://www.farodevigo.es/espana/2017/12/28/asesina-pareja-delante-tres-hijos/1810954.html
Unha muller morre conxelada en Xapón
Unha muller morreu conxelada tras estar 15 anos secuestrada nun pequeno cuarto polos seus pais, sufriu malnutrición extrema e foi encerrada xa que entendían que tiña unha grave enfermidade mental. http://www.farodevigo.es/sucesos/2017/12/28/mujer-muere-congelada-japon-pasar/1810692.html
Novo feminicidio na Comunidade Valenciana
O pasado día 23 unha muller de 20 anos era asasinada pola súa exparella sobre a cal pesaba unha orde de afastamento e xa fora condenado por malos tratos dunha relación anterior. Supostamente secuestrou a vítima cando se dirixía ao seu traballo, obrigandoa a entrar no coche tirandolle do cabelo para despois empotrarse deliberadamente cunha estación de servizo provacando a morte de ambos. A nai da muller puxo unha denuncia por violencia que a propia vítima ratificou a principios de decembro cando o agresor intentou atropelala, estableceuse unha orde de afastamento de 200 metros pero foi quebrantada en varias ocasións segundo as declaracións da irmá da falecida. Este novo caso de asasinato machista puido terse evitado, a propia vítima alertou ao seu policía custodio da posibilidade de que ese mesmo día o seu agresor podía achegarse onde ela.
Debemos lembrar que a violencia machista non toma vacacións e no que vai de ano xa son 84 o número de feminicidios cometidos en España, 58 dos cales cometidos por parellas ou exparellas aínda que as cifras oficiais só contabilicen 46.
www.eldiario.es. investigan novo caso de asasinato machista en Benicassim

Detido un home que contactaba con menores por internet para conseguir videos eróticos deles
Un home de 35 anos se facía pasar por unha rapaza nas redes sociais para contactar con adolescentes e conseguir deles videos eróticos, tras gañar a súa confianza intentaba quedar en persoa con eles para abusar sexualmente deles. http://galego.farodevigo.es/sucesos: detido por pedir videos eroticos a menores
Entrevista sobre a Rede de Mulleres no Atlántico Diario.
Case 1.000 atencións a mulleres no que vai de ano. Dende a Asociación pedimos máis medios e medidas preventivas na loita contra as violencias machistas.
http://www.atlantico.net/articulo/vigo/mil-mujeres-pidieron-consejo-rede-mulleres/20171126002600619254.html
http://www.atlantico.net/articulo/vigo/mil-mujeres-pidieron-consejo-rede-mulleres/20171126002600619254.html
O TSXG ratifica a condea de 21 anos polo asasinato dunha muller en Ferrol
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratificou a sentenza da Audiencia de A Coruña pola que se condeaba a 21 anos de cárcere ao home que asasinou cun coitelo a unha muller que traballaba coma camarera en Ferrol. www.farodevigo.es/sucesos/2017: 21 anos por asasinato
Condenado en Santiago por agredir a unha nena
Cinco anos de prisión, unha orde de afastamento e 4.000€ de indemnización por un delito continuado de abusos sexuais a unha neda de 8 anos coa que convivía.
www.farodevigo.es/sucesos: condenado por abusos sexuais
www.farodevigo.es/sucesos: condenado por abusos sexuais
Retirado do informe dos detectives no xuízo contra a "Manada"
O letrado de tres dos acusados retirou o informe feito por uns detectives sobre a vida privada da vítima nos días posteriores á agresión e que fora engadido na causa polo tribunal.
Ese informe nunca debeu presentarse nin nunca debeu ser aceptado xa que nada tiña que probrar, a vida posterior e anterior á violación non poder ser enxuizada.
www.farodevigo.es/sucesos: xuízo á manada

A MANADA SOMOS NÓS !! Feminismo para vivir!
IMOS FACER RUIDO CONTRA AS AGRESIÓNS
Convidámoste
a que o xoves, 23 de novembro, ás 20:00 horas, na farola de
Urzaiz-Vigo saias a rúa connosco nunha ACCIÓN para
reivindicar que estamos fartas de
agresións! Que estando xuntas a manada somos nós!
Que estamos fartas de que sendo as agredidas
se nos cuestione e criminalice!
Que non imos ficar caladas fronte a unha
xustiza patriarcal e a uns medios e sociedade cómplices da violencia machista!
Que queremos mudar este entorno machista e que
precisamos feminismo para vivir!
Contamos
contigo para facer moito, moito ruído. Trae
batukada, panderetas, cacerolas e todo o
que se che ocorra para facernos oír. Todas xuntas imos facer que se nos
escoite!
Non
faltes! E axúdanos a difundir para ser cantas máis mellor! Unha aperta
feminista!
A MANADA SOMOS NÓS !! Feminismo para vivir !!
Condeado por enviar mensaxes a súa exparella a pesar de ter unha orde de protección
En Vigo, un home foi condeado a 6 meses de cárcere por quebrantamento da orde de protección ao enviarlle mensaxes por whatsapp a súa exparella. Non propios mensaxes recoñecía que estaba a cometer un delito pero iso pouco lle importou a hora de incumplir a prohibición de comunicación.
www.farodevigo.es/sucesos: condeado por quebrantamento de orde
www.farodevigo.es/sucesos: condeado por quebrantamento de orde
Condeado a 14 anos nun psiquiátrico por asasinar a súa muller tirándoa pola fiestra
O vigués que asasinou a súa muller en 2015 tirándoa pola fiestra da vivenda familiar foi absolto do delito de homicidio por se lle aplicar a eximente de alteración psíquica. Foi condeado a ingresar 14 anos nun centro psiquiátrico, o home alegara que matou a súa muller por que pensaba que lle estaba a envenenar para quedar cos seus cartos. Terá que pagar unha indemnización de 90.000€ ao fillo da vítima. www.farodevigo.es/sucesos: asasinou a súa muller tirandoa pola ventá
Un home asasina á súa filla de dous anos en Alzira.
http://www.farodevigo.es/sucesos/2017/11/12/hombre-asesina-hija-anos-e/1784677.html
Este domingo pola tarde na localidade valenciana de Alzira, un home degolou á súa filla de dous anos mentres a nai da pequena estaba fora traballando. O detonante puido ser unha discusión na que ela lle anunciou a súa intención de pedir o divorcio e denuncialo por malos tratos.
No que vai de ano, nove crianzas foron asasinadas polos seus pais ou polas parellas ou ex parellas das súas nais como forma de vinganza cara a estas. Nove exemplos de violencia vicaria, unha forma de seguir maltratando ás mulleres a través das crianzas. Unha violencia que pretende facer o maior dano posible e que permanece, pese a todo ,invisible. É a cifra máis alta de menores vítimas de violencia de xénero desde que se rexistran estes crimes.
Desde a Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos de Vigo vimos denunciando fai tempo que no noso país a violencia contra a infancia permanece como unha realidade oculta. Non existen datos oficiais sobre cantos menores conviven coa violencia machista, desgraciadamente só percibimos esta lacra cando son asasinados e pasan a incrementar as estatísticas oficiais do ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. España carece dunha abordaxe integral de loita contra todas as formas de violencia contra a infancia, o que resta eficacia ás distintas medidas tomadas de forma illada.
Un maltratador nunca pode ser un bo pai.
Concentración Outubro 2017
Nula aplicación do protocolo para evaluar de forma urxente o risco dunha vítima de violencia machista
Pese a utilidade do Protocolo médico-forense de valoración urxente do risco de violencia de xénero só se aplica no 1% das solicitudes de protección.O excaso coñecemento da existencia deste protocolo, a falta de formación en violencia machista dos operadores xurídicos ou a falta de medios persoais xustificarían a excasa implementación deste protocolo; unha ferramenta que podería ser moi útil para as xuízas e xuíces tendo información máis profunda e establecer as medidas cautelares para protexer ás posibles nais e as súas crianzas. Esta é unha mostra máis da indefensión constante das mulleres que sofren violencia machista
www.eldiario.esprotocolo-violencia-machista
Protocolo médico-forense de valoración urxente do risco de violencia de xénero
www.eldiario.esprotocolo-violencia-machista
Protocolo médico-forense de valoración urxente do risco de violencia de xénero
XORNADAS: REFLEXIONANDO SOBRE O AMOR ROMÁNTICO E A VIOLENCIA DE XÉNERO
XORNADAS
REFLEXIONANDO SOBRE O AMOR ROMÁNTICO E A VIOLENCIA DE XÉNERO
REFLEXIONANDO SOBRE O AMOR ROMÁNTICO E A VIOLENCIA DE XÉNERO
MARTES 14 DE NOVEMBRO
EDIFICIO MUNICIPAL DO AREAL RÚA OPORTO, 1 (ANTIGO REITORADO DE VIGO)
HORARIO DE 09.45 A 19.00
INSCRICIÓNS:
- NOS TELÉFONOS 986 22 23 28 // 670 453 431
- NO CORREO ELECTRÓNICO: redemediadorasvigo@hotmail.com - indicando o teu nome completo, DNI, teléfono, correo electrónico, idade e indicando por orde de preferencia ó obradoiro no cal queres participar.
- Na Oficina da Rede, rúa oliva nº 12. Oficina Municipal de Distrito Casco Vello.
- Na Oficina da Rede, rúa oliva nº 12. Oficina Municipal de Distrito Casco Vello.
A xuízo por agredir a súa exparella , a un dos seus fillos e a un amigo.
Un veciño de Pazos de Borbén será enxuizado
por atacar a súa exparella, a un dos seus fillos máis un amigo, ademáis de
ocasionar danos en dous coches propiedade dela. Por todo isto, só se pide 9
meses de prisión e unha multa. http://www.farodevigo.es/sucesos/2017/10/06/vecino-pazos-borben-juicio-agredir/1762317.html
Apoio a Juana Rivas, "Un maltratador non é un bo pai"
A Asociación Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo, súmase xunto coa Marcha Mundial das Mulleres e a Plataforma Feminista Galega as vindeiras manifestacións que terán lugar en Galicia.
Sobre o caso de Juana Rivas
A nosa compañeira Lola Santana, asesora xurídica da Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo, critica nun artigo publicado este luns no Faro de Vigo (páx. 16) os defectos na aplicación da lexislación en violencia de xénero e a lentitude burocrática no caso de Juana Rivas.
No mesmo artigo, desde un despacho de avogados da nosa cidade, opinan que a lei xa prevé mecanismos máis que suficientes para actuar en casos de violencia de xénero e de protección ó menor así como que o feito de ser un maltratador non inhabilita a un señor para coidar dos seus fillos.
Desgraciadamente, os datos mostran unha realidade ben distinta: estes mecanismos non serviron para salvar as vidas das 27 crianzas asasinadas polos seus pais desde 2013, primeiro ano no que se inclúe aos menores mortos como vítimas de violencia de xénero. Aínda que é certo que o xuíz pode suspender o réxime de visitas ou retirar a patria potestade ó acusado de violencia de xénero, son raras as ocasións nas que se fai.
Con respecto á capacidade dun agresor para exercer coma pai, non nos cansaremos de repetir: un maltratador non pode ser un bo pai. Dar por feito que o vínculo paternal garante a protección do menor é querer mirar para outro lado. O contacto paterno-filial só se xustifica polo ben superior do menor, non polo ben ou o dereito do proxenitor, ante a dúbida debe prevalecer o interese do menor por enriba de todo. Se non se coñece o ciclo da violencia e como afecta á convivencia dos menores cos maltratadores, é difícil determinar dito interese.
Así están as cousas para as mulleres en España. Porque non nos enganemos, o machismo atópase no centro mesmo desta cuestión, toda a loita deste pai pola custodia das crianzas é coa única intención de seguir facendo dano e sometendo á muller a través da violencia vicaria. Cando a existencia de violencia de xénero non é tomada en conta para conceder custodia ou visita ao proxenitor, a Xustiza deixa nunha situación de indefensión tanto ás mulleres coma ós menores.

Onte Juana Rivas entregou aos seus fillos cumplindo a orde do xulgado
Entregou aos seus fillos na Garda Civil onde foron recollidos polo pai para marchar o máis cedo posible a Italia. A Fiscalía cambiou de idea e xa non vai a pedir que Juana ingrese en prisión. Ainda así, a psicóloga e a asesora xurídica desta nai terán que declarar como investigadas ao considerar, supostamente, que induciron a Juana a secostrar as súas crianzas. Ata finais de outubro non haberá xuízo pola custodia en Italia.
www.farodevigo.es: Juana Rivas acata a orde de egfsntrega dos seus fillos
www.farodevigo.es: Juana Rivas acata a orde de egfsntrega dos seus fillos
Detido en Valencia por violar a súa fillastra de 12 anos.
Un home foi arrestado en Valencia por abusar sexualmente da filla da súa muller dende que tiña nove anos. A rapaza aproveitou unhas vacacións en España para alertar ao resto dos seus familiares.
www.farodevigo.esarrestado en Valencia por violación
www.farodevigo.esarrestado en Valencia por violación
24 anos de cárcere para o acusado do asasinato en López de Neira
A fiscal pide 24 anos de cárcere para o autor do asasinato machista ocurrido en López de Neira no 2015; lle aplica os agravantes de ensañamento e alevosía e pide unha indemnización de 300.000€ para o fillo da vítima. www.farodevigo.es/sucesosfiscal pide 24 anos de cárcere
A INDEFENSIÓN DAS MULLERES ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Ela mesma
recoñece que empregou unha navalla de 5 cm. e que o lesionou, sabe o que fixo
pero nunca tivo intención de asasinalo. Como di a propia sentenza, Noemí chamou
de inmediato á familia da ex parella e foi avisado o servizo de urxencias. Non
o volveu a atacar nin lle impediu que saíra da casa.
O que debemos
plantexarnos toda a sociedade e as institucións é: que levou a esta muller a
facelo? Sería o maltrato sufrido durante toda a súa vida? A relación tóxica á
que ningún dos dous puido poñerlle fin? E, sobre todo, podería terse evitado
esta situación?
Seguimos a sufrir un dobre baremo: no caso de Noemí, a súa ex parella é
culpable dun delito de lesións sobre a muller polo que se lle condenou a sete meses
de cárcere que non cumprirá , ela en cambio foi condenada a tres anos e medio
de cárcere por un delito de lesións con instrumento perigoso, algo totalmente
desproporcionado se temos en conta o pouco que lle custa aos maltratadores
atacar a unha muller, quebrantar unha orde de afastamento ou acabar coa súa
vida ou coa das súas crianzas.
Noemí non só foi vítima de violencia de xénero, senón que agora está tamén
a sufrir a violencia institucional. É vítima dunha xustiza inxusta, como é
posible que dez anos despois dos feitos teña que entrar no cárcere? Dez anos
nos que conseguiu saír desa relación destrutiva, recompoñer a súa vida cun
traballo estable e quedar totalmente reintegrada na sociedade. De que serve
agora que cumpra catro anos de cárcere? Aínda que cometeu un delito, o noso
sistema non busca vinganza senón rehabilitar ás persoas e Noemí xa está
totalmente rehabilitada.
Isto non é unha xustiza efectiva nin
para a vítima nin para o culpable. Mesmo a sentenza recoñece unha dilación
indebida e inxustificable neste proceso, que traerá consigo ca vida desta
muller nunca volva a ser normal e todo o traballo terapéutico levado a cabo
durante estes anos quedará en nada, como afirman os informes dos seus
psiquiatras.
Na Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo coñecemos de
primeira man as dificultades que
soportou, levamos anos apoiándoa e por iso reclamamos o Indulto e a
suspensión da pena de Noemí, é un castigo desproporcionado tras dez anos de
xuízo. Convocaremos a vindeira semana unha rolda de prensa para denunciar esta
senrazón.
INDULTO E
PARALIZACIÓN DA ORDE DE INGRESO EN PRISIÓN DE NOEMÍ OTERO
Detido por unha agresión sexual a unha rapaza en Lugo
Un rapaz de 24 anos foi detido en Lugo por agredir sexualmente a unha rapaza; foron tres mulleres as que o escorrentaron e axudaron á muller.www.farodevigo.es/sucesosdetido por agredir a unha rapaza en Lugo
Condeado por abusar das súas fillas e distribuilas fotos
A Audiencia de Lugo condea a 33 anos de cárcere ao home que abusou sexualmente das súas dúas fillas e distribuiu as fotos por Internet. En 2003 este pederastra xa fora condeado por tenencia de pornografía infantil. galego.farodevigo.es/sucesos: condeado a 33 anos por abusos
Unha parella agrede a unha muller que contrataran coma ventre de aluguer
Unha parella foi detida, en Valencia, por agredir sexualmente a unha rapaza de orixe rumana que contrataran coma ventre de aluguer. galego.farodevigo.es/sucesos
Mediaba unha orde de afastamento cara a nai
Audiencia de Pontevedra ten en conta a declaración da filla menor de 14 anos que sofre unha gran hostilidade contra o seu pai para reducirlle o réxime de visitas a dúas horas á semana.
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2017/07/09/fallo-merece-segunda-oportunidad/1713446.html
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2017/07/09/fallo-merece-segunda-oportunidad/1713446.html
Detido o "tolo do chándal" por intentar asesinar a dúas irmás
Intentou acabar coa vida de dúas irmás sexaxenarias, as cales, organizaron protestas en 2013 para impedir que este home volvera á vila. O violador fora condeado a 169 anos de cárcere por agredir cun arma branca a 16 mulleres e acabar coa vida dunha delas pero grazas a derogación da doutrina Parot tan só cumpliu 16 anos. http://galego.lavozdegalicia.es:o tolo do chandal intenta matar a dúas irmás
Dous novos episodios de violencia machista o pasado fin de semana en Sevilla e en Salou.
O pasado sábado en Sevilla, unha nai foi asasinada e a súa filla ferida, tras recibir varias puñaladas cun arma branca durante unha discusión coa parella da primeira, que posteriormente deuse á fuga.
Un día despois, o domingo, o corpo dunha muller foi atopado no interior dun turismo en Salou despois de que a súa parella acudira á comisaría a confesar os feitos tras cometer o crime.
Con estes dous novos casos, son xa 31 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas no que levamos de ano.
http://www.elconfidencial.com/ultima-hora-en-vivo/2017-06-25/31-mujeres-asesinadas-por-crimen-machista-en-espana-en-lo-que-va-de-ano_1252563/

Declara en Verín o marido que asasinou a súa muller no hospital en 2015
A Garda Civil xa sospeitaba do marido tralo ataque ca vítima sufriu na súa casa; aínda así, considerouse precipitado arrestalo ou restrinxir as súas visitas ao hospital.
galego.farodevigo.es/sucesos: declara o marido que asasinou a súa muller en Verín
galego.farodevigo.es/sucesos: declara o marido que asasinou a súa muller en Verín
A policía volve deter ao "violador do ascensor" por catro agresións
http://politica.elpais.com/politica/2017/06/15/actualidad/1497517065_441941.html
Este pasado mércores, a policía detiña en Segovia a Pedro Luís Gallego, máis coñecido como o violador do ascensor, imputándoselle dúas agresións sexuais consumadas e outras dúas en grao de tentativa.
A liberación de Gallego grazas á derrogación da doutrina Parot e tralo informe favorable da fiscalía, xerou gran inquietude social xa que con dous asasinatos e 18 agresións sexuais ás súas costas o risco de que a inserción social fracasase era moi alto, como se acabou demostrando.
O do violador do ascensor non é o primeiro caso de excarcelado pola derrogación da doutrina Parot que volve a reincidir: en 2014 foi arrestado en Galicia Félix Vidal Anido, o violador do estilete, por un delito de agresión sexual en grao de tentativa e en outubro do mesmo ano, Pablo García Ribado, coñecido como o violador do portal, foi arrestado por abusos sexuais en Guadalajara.

En Granada unha muller foi asasinada pola súa parella
En Granada, unha muller foi asasinada pola súa parella; disparouna en presencia do fillo da vítima. O home entregouse despois a Garda Civil, non había denuncias previas por malos tratos.
galego.farodevigo.es/sucesos: asasinato machista en Granada
galego.farodevigo.es/sucesos: asasinato machista en Granada
35 anos de cárcere por reter e agredir sexualmente a súa muller e a filla de ambos
En Vigo, un home acepta a pena de 35 anos de cárcere por reter e agredir sexualmente a súa muller e a súa filla www.farodevigo.es: acusado de agredir sexualmente a súa muller e ao seu fillo
Unha muller en estado moi grave tras recibir unha coitelada no lombo
En Orihuela foi atopada unha muller en estado moi grave tras recibir, supostamente, unha coitelada no lombo polo seu marido que segue en búsqueda e captura; non figuran denuncias anteriores por malos tratos.
Xornadas: "Sororidade e resposta activa". Analizando a situación actual en violencia de xénero.
“SORORIDADE E RESPOSTA ACTIVA.
Analizando a situación actual en violencia de xénero”
Ante
as novas formas de violencia temos que artellar novos xeitos de resposta dende
os feminismos. Esas respostas deben saír do traballo grupal que fomente a
sororidade entre as mulleres e entre os colectivos.
Nestas
xornadas analizaremos o empobrecemento das mulleres que están inmersas en
procesos de violencia pola falta de dereitos implementados, e cómo afecta a
falta de prevención e formación á súa protección fronte á violencia de xénero.
Tamén analizaremos a situación das crianzas, tanto no ámbito familiar como
ante a acollida nas institucións, máis concretamente nos xulgados.
Xoves 22 de xuño
2017 no Edificio Municipal de Areal (Antigo Rectorado de Vigo).
10,00: Inauguración
do Encontro.
10,30h:
Ponencia: Estrela Gómez Viñas, Coordinadora de AGAMME (Asociación Galega
contra o Maltrato a Menores).
“Sesgo por
xénero e idade na xustiza”
11,30h: Debate
12,00h:
Ponencia: Marta Rodríguez Engroba, Presidenta da asociación “Sí, hai saída”.
“Eivas e
propostas na intervención con mulleres en procesos de violencia”
13,00h: Debate
13,30h: Xantar
15,45h:
Distribución nos obradoiros.
16,00h:
Obradoiros
Obradoiro 1.
Tareixa Ledo
Regal (Facilitadora de Terapia de Reencontro)
Eu escollo o bo
trato para a miña vida!
O bo trato parte
do desexo de vivir en paz, en harmonía e equilibrio. Axuda a ser máis felices e
xenera saúde e goce. Neste obradoiro miraremos como introducir a práctica
consciente do bo trato nas nosas vidas para bentratarnos a nós mesmas e para
construír benestar e coidado nas nosas relacións de a diario...
Obradoiro 2.
Andrea Arís Couso
e Xandra Táboas Martínez (Formadoras en xénero e artes escénicas)
“Laboratorio
creativo feminista”
Crear un espazo
experimental colectivo no que a través de diferentes prácticas artísticas
(escritura, imaxe, son, corpo...) poidamos construir novos relatos. Partiremos
do autobiográfico, do cotidiano, das propias experiencia para camiñar cara o
colectivo, xerando novos saberes e subxectividades feministas dende a
creatividade como ferramenta para a transformación social.
Obradoiro 3.
Pilar Lorenzo
Represas
(Educadora para
a saúde a través das emocións positivas)
"Teu corpo
, o camiño a quen realmente eres"
Aprendizaxe a
través de exercicio e movemento consciente, suave e global; o que moviliza
todas as funcións naturais do organismo para producir un efecto de sinerxía,
natural, a partir de catro áreas: Sensorialidade: Autocoñecemento;
Verticalidade: Harmonización da postura; Emotividade: Xestión das emocións;
Vitalidade: Axuste enerxético.
18,30: Posta en
común dos obradoiros
Consultade a folla de inscrición no noso blog en Actividades.
Consultade a folla de inscrición no noso blog en Actividades.
Visita á exposición ALÉN DOS XÉNEROS
Este xoves 8 de Xuño ás 18h realizaremos unha visita guiada á exposición **Alén dos Xéneros**,
un percorrido sobre as prácticas artísticas feministas en Galicia, exposta dende xaneiro no museo do Marco.
Se queres acompañarnos podes anotarte de balde mandando un correo a redemediadoras@gmail.com ou chamar ao 986222328
XII Carreira Femenina en favor da Rede de Mulleres
Felicitamos a todas as mulleres que participaron na carreira e colaboraron coa Rede de Mulleres.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2017/06/04/mil-mujeres-contra-malos-tratos/00031496572840235826836.htm
http://www.atlantico.net/album/deporte-local/carrera-femenina-corte-ingles/20170604153407592206.html
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2017/06/04/1400-mujeres-toman-calles-vigo/1692340.html

O neno achado en Oza-Cesuras morreu a golpes
http://www.farodevigo.es/sucesos/2017/05/09/nino-hallado-oza-cesuras-murio/1675841.html
Esta barbarie non se poden consentir, temos que loitar para que as rapazas e rapaces teñan unhas leis que os amparen. Nos casos de custodias compartidas, ahora de establecer os réximes de visitas... as/os maxistrados teñen que escoitar as peticións das súas nais dende o principio.

Morre polas feridas que el mesmo se provocou tras atrincherarse na casa da súa exparella
O home de Cangas que se antricherou na casa da súa exparella morre no hospital polas feridas que el mesmo se provocou coa escopeta que portaba. Contra el recaía unha orde de afastamento despois de ca semana anterior entrara no coche da súa exparella e a ameazara cun cúter. www.lavozdegalicia.es: morre o home que se antrincherou na casa da súa exparella
21 anos de cárcere por asasinar a súa muller en Sevilla
O tribunal do xurado condeu a 21 anos de cárcere ao maltratdor que asasinou a súa muller en 2015 en Sevilla. Tamén foi condeado a non aproximarse as súa fillas a menos de 300 e privación do dereito de residir en dita localidade ata dentro de 27 anos.
http://cadenaser.com/emisora/2017/04/26/radio_sevilla/1493196372_630861.html
http://cadenaser.com/emisora/2017/04/26/radio_sevilla/1493196372_630861.html
XII Carreira Femenina
Este ano o fin social da XII Carreira Femenina organizada polo Corte Inglés realizarase en favor da Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos de Vigo, participade no noso grupo "EN REDE", teremos que levar todas como distintivo unha diadema, cinta, pañuelo de cor violeta colocado na cabeza. Pasádevos pola Rede para recoller o triptico da inscrición ou no Corte Inglés, acordádevos de poñer o nome do grupo o que pertencedes, "EN REDE", queremos ser o máis numeroso!!!
Anotádevos e a disfrutar!!!!
Dobre crime en Arbo
A Fiscalía pide 46 anos de cácere ao veciño de Arbo que presuntamente asasinou a tiros a súa exparella e a o mozo desta.www.farodevigo.es/sucesos/2017/04/18/fiscalia-solicita-46-anos-carcel
Condeado a 19 anos de prisión
A Audiencia de Cantabria condeou a 19 anos e 5 meses de prisión a un home por maltrato continuado a súa exparella que para escapar da última malleira, en presencia do seu fillo, caeu polo edificio quedando tetrapléxica. O maltratador perdoeu a patria potestade do seu fillo e non poderá comunicarse con él en 20 anos.elpais.com:condeado a 19 anos de prisión por maltrato continuado
Oito detidos por darlle una malleira a unha muller
A vítima, de orixe marroquí, foi insultada e golpeada por un grupo de persoas que portaban paus e coitelos. galego.farodevigo.es: opito detidos por darlle unha malleira a unha muller
Condeado a dous anos por abusar da súa veciña con discapacidade.
Un home foi condeado a dous anos por obrigar a súa veciña con discapacidade a masturbalo. galego.farodevigo.es: condeado a dous anos por abusos
Asasinato dunha muller en Ferrol no ano 2016
O acusado de asasinar a unha muller con 64 coiteladas alega que bebera moito e non lembra o que fixo. A Fiscalía califica o crime como homicidio e pide 15 anos de condea e unha indemnización de 200.000 € para o fillo da vítima.galego.farodevigo.es/sucesos/2017/04/04/acusado-asestar-64-punaladas-camarera/1654378.html
25 anos polo asasinato da peregrina Denise
O Fiscal pide 25 anos de cárcere polo asasinato da peregrina Denise mentres ca acusación particular os eleva a 27. Hoxe o Xurado comezará a deliberargalego.farodevigo.es: fical pide 25 anos
Ingreso en prisión dun home que abusou sexualmente dunha muller colándose na súa casa en Murcia
Ingresa no cárcere polos delitos de agresión sexual, retención ilegal e danos contra unha muller que dormía na súa casa coa súa filla dun ano. A muller conseguiu fuxir grazas a un veciño; cando os corpos de seguridade chegaron á vivenda o agresosr estaba intentado queimar a casa.
galego.farodevigo.es:detido por colarse nunha vivenda e abusar dunha muller
galego.farodevigo.es:detido por colarse nunha vivenda e abusar dunha muller
O tribunal Supremo ratifica a condea de 20 anos de cárcere polo asasinato de Lupe Jiménez
Ratificouse a sentencia da Audiencia Provincial de Pontevedra na que o xurado popular condeaba a 20 de anos de cárcere a un pontevedrés que asasinou a súa muller embarazada e nai de 6 fillos máis. Aplicouse o agravante de parentesco e o atenuante de confesión. Terá que pagar indemnizacións de entre 30.000 e 60.000€ aos fillos.galego.farodevigo.es: supremo ratifica a condea de 20 anos de cárcere polo feminicidio de Lupe
Repulsa ó artigo de opinión do Faro de Vigo
Desde a Rede de
Mulleres contra os Malos Tratos, queremos secundar a protesta doutras asociación
feministas e expresar a nosa repulsa polo artigo de Juan José R. Calaza “Contra
el machismo: reivindicación del triángulo”, aparecido no diario Faro de Vigo o
domingo 12 de marzo.
Neste artigo, o
autor non só trata de desprestixiar e terxiversar as consignas do feminismo, un
movemento que loita en prol da igualdade, senon que trivializa un tema tan
grave como é a violencia de xénero.
Non entendemos cómo un medio de comunicación pode dedicarlle
un espazo -case unha páxina enteira-, a este tipo de opinións e consideramos
unha falta de respeto a publicación deste artigo.
http://www.farodevigo.es/opinion/2017/03/12/machismo-reivindicacion-triangulo/1639486.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)